Axenda

Som do Galpom
sábado 13 Setembro 2014
Vistas : 532

O vindeiro sábado 13 de setembro a iso das 22:30 Som do Galpom e a sua Galinha de Troia no Var con Uve.

Non volo podedes perder!!, o sábado 13 de setembro a partires das 23:00h e cunha entrada de 5€, super concerto, no Var, de Som Do Galpom, veñen dende Santiago de Compostela, e chegan ao Morrazo con toda a forza dos seus directos a defender o seu novo disco
titulado "Galinha de Troia" umha mestura de funk, rap e folk que nom vai deixar a ninguén indiferente.
Como dixo Xurxo Souto:
As sementes xermolaron, o rap-orgánico levedou, e o galpom fíxose selva-prado-praia, exuberancia de nós.
Palabras-melodía que fan bailar ás neuronas todas.
Ser dun tempo, dunha terra, eis o segredo da poesía máis humana e verdadeira (Celso Emilio)

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.