Axenda

Festas do Cristo 2014
From sexta feira 12 Setembro 2014
To segunda feira 15 Setembro 2014
Vistas : 1197

Venres 12 setembro

11.00 h. O grupo de gaitas Celtas Largos percorrerá as rúas anunciando coa súa música o comezo das festas.

11.00 h. Tren das festas. Fará un percorrido polas principais rúas da Vila partindo da praza do Concello cos seguintes horarios: de 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas.

21.00 h. Praza do Príncipe. Actuación do grupo Brincadeira de Santiago que ofrecerá un espectáculo de baile, música e canto tradicional galego, dentro do programa "Cultura no Camiño".

21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Gran Parada, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.

23.45 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Seguridad Social.

 

Sábado 13 setembro

11.00 h. Alboradas e pasarrúas a cargo do grupo Os Bertolini e das charangas Terras do Bibei e Os Bercianos.

11.00 h. Parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.

12.30 h. No Teatro Lauro Olmo. VIII Xuntanza das Pandillas do Barco.

18.00 h. Saída de Sobradelo dos participantes na XLVIII edición do Descenso do Sil en piragüas. Unha hora antes sairá da estación do Barco o tren fluvial gratuíto para presenciar a saída e seguir o percorrido da proba, co acompañamento musical das charangas.

19.30 h. Na praza Maior. Magín Blanco presenta o espectáculo musical "A nena e os grilos" para público infantil, dentro do programa "Cultura no Camiño"

21.00 h. Praza Andrés de Prada. Concerto da Banda de Música do Barco.

21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Philadelphia, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.

23.30 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Son do Sil.

 

Domingo 14 setembro. Día do Cristo

8.00 h. O Madrugón, baixada a nado desde a Ponte de San Fernando ata o Malecón.

11.00 h. As rúas e prazas do Barco estarán amenizadas cos sons da Banda A Lira de Ribadavia. O grupo de gaitas Trenla acompañará as calantornias e os cabezudos no seu percorrido.

12.00 h. Procesión e a continuación misa solemne, na praza Maior, na honra de Xesús Nazareno.

13.30 h. Concerto no Malecón da Banda A Lira de Ribadavia que repetirá actuación, na praza Maior, ás 19.00 h.

18.00 h. No Malecón. XXVIII Milla Urbana do Barco.

21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Os Satélites, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.

21.00 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Faltriqueira, dentro do programa "Cultura no Camiño".

22.30 h. Gran sesión de fogos artificiais no río Sil.

 

Luns 15 setembro

11.00 h. Percorrido musical polas rúas da vila a cargo do grupo de gaiteiros Celtas Largos.

11.00 h. Parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.

19.30 h. No Malecón. Teatro de rúa. O grupo Fantoches Baj representa "Velocíclopes", para todos os públicos, dentro do programa "Cultura no Camiño".

21.00 h. No Teatro Lauro Olmo. Concerto de Najla Shami.

21.00 h. No Campo da Festa do Malecón último baile das festas amenizado pola orquestra Miramar, con actuacións de tarde e noite.

Lugar: O Barco de Valdeorras
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.