Axenda

Pedraquetiña
domingo 21 Setembro 2014
Vistas : 363
PEDRAQUETIÑA

Domingo, 21 Setembro as 21:00 h

Prezo da entrada GRATUITO

Amieirolongo, Mos. Pontevedra.

 

Da recollida de pezas dun histórico serán celebrado na parroquia de Toutón (Concello de Mondaríz) en 1995 naceu, xa que logo, como baúl para ben de conservar o tesouro da tradición renacido, o grupo de cantareiras de Toutón.

O grupo mantívose no tempo con tesón e con reviravoltas, e coa coraxe de avoas, nais e fillas, tomando acubillo do que se deu en dar o mellor serán do mundo. Logo xa, por volta do ano 2008, salienta propiamente a figura do mestre Mingos Lorenzo. El coidou e aloumiñou o tesouro, botou fe, certamente, na crenza dunhas mulleres, que teimaban en recuperar as melodías e máis as letras daquelas festas aló polos anos corenta e cincuenta, cando ían coidar do gando e pasar o día entre xogos e bailes. Viña de nacer, para o mundo de fóra e máis para coidar do fío da tradición, Pedraquetiña.

Pedraquetiña decidiu tomar como seu o nome dun lugar máxico da parroquia de Toutón, onde a pedra repica ao son dondo de campás.

O seu primeiro disco “Cantares” pretende facer un agasallo a todas as persoas que senten na música tradicional o mellor medio de convivencia e divertimento á vez que axuda a manter viva a inquedanza pola nosa cultura musical.

Nos seus concertos preséntanse con unha formación de 14 persoas na que predomina o feminino: 10 voces femininas, máis dúas gaitas, con dúas voces masculinas, tambor, bombo e acordeón.

O seu repertorio está composto polos temas que inclúe o novo disco, no que se inclúen pezas recollidas da tradición popular, arranxadas especialmente para este traballo, e outras de composición adaptadas a estética de Pedraquetiña.

Lugar: Amieirolongo - Mos
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.