Axenda

Vento Mareiro
sexta feira 19 Setembro 2014
Vistas : 411

O Venres 19 de setembro as 22:30, dentro do V ciclo de Canción de Taberna, actuará o grupo "Vento Mareiro" formado por Cristina, Diego, Toño, Toni e Arturo.
A finalidade dos ciclos de "Canción de Taberna" é divulgar e promover a nosa canción popular que ao longo do tempo se viña desenvolvendo nos bares e tabernas como atributo da nosa riqueza cultural. Esta tradición entre outras cousas fomentaba a camaradería e ao redor dunha mesa xuntáronse grupos como "A Roda" entre outros que ainda sen acadar esas cotas de popularidade, tamén forman parte do noso patrimonio musical. Esta tradición foise perdendo a partir dos anos ´75 e ´80, por mor de moitas circunstancias, entre outras, comezaron a aparecer carteis nas tabernas que dicían: " se prohibe cantar por orden gobernativa" e outros que dicían: "si cantas bién al teatro y si no a la calle".
Pois agora cambiou o conto!! Cantes mal, ben ou regular, VEN CANTAR!!!!

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.