Axenda

Xardín Desordenado
sábado 04 outubro 2014
Vistas : 511

4 Out
19:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia
Entrada de balde

Xardín desordenado

A Biblioteca de Galicia quere celebrar o Día Internacional da música e o 130 aniversario do nacemento de Vicente Risco aunando música e literatura nun mesmo escenario. Será coa actuación de Xardín Desordenado, reunión de músicos que desde o 2009 ven musicando poetas galegos.

O auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia será o escenario desta homenaxe, no que Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, Isaac Garabatos, Lorenzo Boo e David Outumuro interpretarán dúas cancións baseadas en textos de Vicente Risco xunto co seu repertorio habitual, nun concerto cheo de emoción, boa música e magníficos textos.

Xardín Desordenado publicou en 2012 un primeiro CD dedicado a poetas homes; agora ultiman a súa gravación do CD de poetas mulleres. Prepararon tamén un programa específico sobre Valentín Paz Andrade en 2012; en 2013, un programa de oito cancións sobre Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, e en 2014 musicaron 4 poemas de Blanco Amor. Agora mergulláronse nas verbas de Vicente Risco, traballo que presentarán no auditorio da Biblioteca de Galicia.



Lugar: Cidade da Cultura de Galicia - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.