Axenda

Pesdelán
domingo 28 Setembro 2014
Vistas : 360
  • Domingo, 28 de setembro ás 19:00

Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos.

Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé

Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. 

Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías tradicionais para podelas bailar.

O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.

Organiza: Concello de Tui
Colabora: AGADIC (Cultura no Camiño 2014)
Entrada de balde


Lugar: Praza do Pracer - Tui
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.