Axenda

Rochi Novoa + Nenoescuro
sábado 27 Setembro 2014
Vistas : 345

O próximo sábado 27 de setembro contaremos coas actuacións de ROCHI NOVOA ás 19:30 e NENOSESCURO ás 21:00h.

Rochi Novoa, poetisa ourensana, presentase en Allariz "Farrapos de Boneca". Trátase dun libro de poesía, fotografía e musicado. Ademais contaremos co acompañamento musical de Antonio I. Fernández, Daniel Soldebilla e David F. Gándara.

Músico, artista sonoro e videocreador, nenoescuro investiga no lado sombra do son, na suspensión da conciencia ordinaria a través de abismos perceptivos, integrando sons primarios, instrumentación analóxica e síntese electrónica nunha sonoridade de estraña raíz e difícil ubicación que se entrelaza con atmósferas visuais conformando un ámbito intermedial de exploración entre o lírico e o narrativo.” Fragmentos do desterro” é un canto desde o umbral, un camiñar incerto no territorio limiar onde o humano se dilúe nesa presenza impersoal, sen nome, que habita o mundo.

As actuacións terán lugar no Ateneo de Allariz, Rúa do Castelo 10 (tras a Igrexa de Santo Estevo) a partir das 21:00h. A entrada é libre e de balde. Ao finalizar remataremos cunha cea apta para todos os gustos.

Lugar: Ateneo Libertario - Allariz
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.