Axenda

The L´adelines Garden
sexta feira 03 outubro 2014
Vistas : 476


Este venres 3 de outubro, (se dous contratempos na mesma semana non o impiden, como aconteceu a semana pasada) poderemos disfrutar no Boulevard Fisterra do concerto de The L´adelines Garden, unha formación santiaguesa que xa nos visitou en formato dúo acústico, pero que desta vez achégase coa formación completa, polo que o disfrute será maior, se cabe.
Esta banda supuxo para mín un descubrimento marabilloso, pois, estaba ahí, tan preto, i eu non o sabía, e representa un verdadeiro pracer,saber que xente con esta sensibilidade musical estea en activo en Galicia.
A delicadeza e o mimo có que tratan cada unha das súas composicións, é un tributo xenuino, auténtico e sinceiro á esencia mesma desta disciplina.
Todo o que hai detrás da música como tal, cando o ser humano empezouna a poñer en práctica como resposta a un sentir, a unha inquedanza ou a unha simple resposta ao que se movía nas entrañas, e que precisaba ver a luz, é plasmado por esta magnífica formación.
A doce presencia melódica nas súas cancións, unha base rítmica perfectamente executada e unha voz e coros que suxiren e dín moito sen saturar ou aturdir, son unha síntese pobre e mal elaborada, que este servidor pon sobre a pantalla do ordenador, para intentar describir a grandeza do que The L´adelines Garden fan sobre un escenario.
Dito esto, a nosa calificación deste concerto como Altamente recomendable, queda asignada a eles, que son:
Javier Miranda á guitarra
Andrés Miranda á guitarra e voz
Andrea Porto ao baixo
Marcela Porto á percusión 
Álvaro Fernández á trompa.

Como sempre, ao redor da medianoite, de balde e coa nosa disposición plena para que disfrutedes da noite.
Boa semana a tod@s.

Lugar: Boulevard - Fisterra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.