Axenda

Familia Caamagno
sexta feira 17 outubro 2014
Vistas : 623

Este venres ás 00:30 teremos en vivo e en directo á familia máis rockandrolleira e festeira do panorama musical galego, os Familia Caamagno!!!

Veñen a presentarnos o seu segundo LP, chegado a este mundo baixo o nome de "Hai que andar cos tempos!", o cal nos ofrecerán no seu flipante directo xunto co seu anterior disco e algunha que outra versión. Preparade os sapatos de baile para executar as coreografías máis anormais a ritmo de rock&roll!!

O primeiro taco de 50 entradas xa foi alá, e so quedan 50 máis, a que micajundios esperades?? ídesvos quedar sen ver o espectaculaso?? ademáis aforrades un euriño, 3€ venta anticipada, 4€ en taquilla! e por ensima entrades no sorteo dun CD+Vinilo dos Caamagno e un estuche de 6 cervexas importadas!(repito, só para a venta anticipada) podedesvos facer coa entrada nese jran local que lle chaman O Encontro

C'mon baby, unga-ungaaaaaaaa!!!!!!!

Lugar: O Encontro - Barrantes (Ribadumia)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.