Axenda

Pablo Castaño Trío
sexta feira 03 outubro 2014
Vistas : 458
  • Venres, 3 de outubro ás 22:00

Este Venres abrirá a jam do pequeno karma o trío do grande mestre Pablo Castaño

Pablo Castaño: Saxo alto
Marcos Pin: Guitarra 
Paco Charlín: Contrabaixo

Qué podo dicir que non sepades xa! Simplemente que cando tres musicos deste nivel se xuntan so pode sair máxia! Se lo van a perder?


Pablo é un dos músicos máis valorados da escea jazzística. Titulado Superior en Música (especialidade de saxofón), Diplomado en Jazz e Música Moderna (Estudio Escola), becado pola New School onde obtivo o“BFA in Jazz and Contemporary Music”, graduándose Magna Cum Laudem sendo o primeiro da promoción. 

Xa nos seus comezos tocou con algúns dos artistas máis importantes do panorama jazzístico estatal (Chris Kase ,Marcelino Galán, Abe Rábade, Manuel Gutierrez, Xacobe Martínez etc etc) participando no Imaxinasons, no Pontejazz, ou no Festival de jazz de Lugo por citar so uns poucos. 

Á súa chegada a New York en 2005, establécese como músico freelance actuando 
en lugares como Jazz Lincoln Center, Jazz Garage, Nuyorican Poetry Café, Native´s Café, 
Fat Cat, John Birks Gillespie Auditorium, Hostos College, St Peter´s Church, Goodbye 
Blue Monday, Carlitos Bar, Lehman College, Sweet Rhythm, Big Apple Jazz. Swing 46, 
Carnegie Club …

Colabora con Tom Abbott, Stan Rubin Big Band, Jose James, Rafal Sarnecki, Ryan 
Anselmi, Eyal Vilner, Bobby Sanabria …

En 2007 actúa na convención da prestixiosa 
revista “Jazz Improv Magazine”, baixo a dirección musical do ensemble de Jane Ira Bloom.

Ademáis toca regularmente coas bandas residentes no Smalls, Swing 46, Maxim Lounge e 
no Camaradas. É membro de Felix and the Cats Swing Band, Art Lillard´s Heavenly Band, 
Wade Burns Jazz Band, da agrupación folkclórico-dominicana Kumbacarey e a Big Band 
residente do Museo del Barrio (New York).

En 2009 participa na xira e gravación en DVD Descarga ao Vivo Cuba-Galiza. En 2011 
forma parte do elenco de músicos da recoñecida producción do Centro Dramático Galego 
“A opera dos 3 reás” (Bertol Brecht-Kurt Weill) dirixida por Quico Cadaval, coa que xira 
polos principias salas de teatro de España.

Entre as súas gravacións destacar as colaboracións con Marcelino Galán "Zinco" (2007) 
e “The Gift” (2013)Xacobe Martínez “Trio” (Free Code Jazz Records 2008) Jose James 
“Black Magic” (2009) Carlos López “Last Minute Project” (2009) “Descarga ao Vivo 
Cuba-Galiza (2009), Youngmin You “First Love” (2010), Félix and the Cats (2010) Eyal 
Vilner Big Band “Introducing” (2011), Marcos Pin “Barbanza” Rafa Fernández (2013), 
Ton Risco “Impronunciable” (2013) e Ángeles Dorrío “Ten Soul” (2014).
Participou ademáis na gravación de varias bandas sonoras destacando a de “Met in 
New York” (Sergio Pena/Abe Rábade) e Bacteria Mutante (Suso Alonso).

A súa experiencia como músico debemos sumarlle a súa calidade como docente (Conservatorio de Ribeira Ribeira, Escola Estudio, Seminario de Merza, Rianxo , Bandeira, etc etc)


Lugar: El Pequeño Karma - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.