Axenda

Amesmalúa
sábado 18 outubro 2014
Vistas : 487

Sábado 18 21:30h 5€
AMESMALÚA
Amesmalúa é un grupo de músicos de distintas orixes que propoñen unha viaxe de encontros, unha maridaxe de memoria e paixón entre o flamenco e a canción popular galega, nunha proposta ligada ás músicas con raíz. Cun concepto claro e sumamente orixinal, lánzanse a unha sorprendente e suxestiva fusión de estilos, arraigada na canción tradicional do norte e do sur. Ademais de coplas,cantigas e adaptacións, Amesmalúa tamén creou temas propios, co sinal do seu carácter aberto, mestizo e creador.
Concerto Artistas en Ruta - AIE

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.