Todos os MARTES de Outubro estaremos ás 21:30 no Hervor e Fervor
Marcos Pin á guitarra e Xacobe Martínez Antelo ó contrabaixo abren un espazo íntimo de conversa en torno ó jazz. Dende a máis absoluta libertade interpretativa, este dúo aborda composicións xa eternas como se as foran descubrindo por primeira vez. Poucas oportunidades hai de contemplar a dous músicos veteráns disfrutando do mellor jazz como se fora o salón da súa propia casa. Estades convidad@s.