Axenda

XVI Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas
domingo 12 outubro 2014
Vistas : 184

Un total de 15 grupos de música tradicional galega encherán as rúas do casco vello de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará con actuacións de 15 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade o vindeiro domingo día 12 de outubro, o día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Os grupos participantes son os seguintes:

Ansuiña – Vilanova de Arousa

A Regionalista - Teo

Ars Antiqua – Compostela

Caivanca – Lugo

Cuarteto Xaramolo – Lourenzá

Embruxo – Ordes

Ludovaina- Cangas do Morrazo

Os Cuncheiros – Vigo

Os de Algures – Pontevedra

Os Enxebres de Cacheiras – Cacheiras

Os Fontesuairas – A Coruña

Os Melidaos – Melide

Saiñas – Xove

Tanto nos Ten – Redondela

Zurrumalla - Vigo

Pola mañá os 15 grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.

Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas na Praza do Campo Castelo.

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.

É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Lugar: Casco Vello - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.