Axenda

Presentación do libro "Retallos no Vento"
quinta feira 16 outubro 2014
Vistas : 483
  • Xoves, 16 de outubro ás 20:00


E toca, por fin presentar esta miña obra, nesta terra matria choqueira que tivo a ben, acollerme entre a súa viciñanza no seu día.
Para agradecer tan grande xesto de xenerosidade e aprezo, as amizades que me acompañan e eu, queremos facer do acto algo diferente, vaiopinto e inusual, mesturando e apertando distintas lingoaxes artísticas nun todo co gallo de facer as vosas delicias e deixar no voso padal un agradábel regosto que vos convide á lectura do libro, á visita da exposición "A Tres Mans" e á escoita do jazz do Alberto Vilas Trío, entre outras cuestións... .
A idea é a de inserir unha presentación dentro da exposición destes tres grandes artistas plástic@s -Rosa Mozo, Fernando Morales e Lolo Nantes- na busca da mestizaxe entre lingoaxes artísticas, sensacións, emocións, etc, etc... .
Non faltedes; contamos con vós!


Lugar: Sala de Exposicións do Multiusos da Xunqueira - Redondela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.