Axenda

Ataque Escampe + Guilherme e Bastardo
sábado 13 decembro 2014
Vistas : 365


Os misceláneos e sempre suxestivos Ataque Escampepresentan o seu último disco "O Disco Vermello" (Discos da Máquina, 2014), editado en maio de 2014.

O disco vermello son moitas historias de supervivencia e é tamén unha única historia de supervivencia.

Son motoristas parapléxicos, obreiras que toman o sol, heavies de barrio e actrices de vida longa. É un reloxo biolóxico, un videoxogo de pelexas, unha aventura caníbal, un xogo sen fronteiras, un restaurante chinés. É o planeta Hercólubus, que se aproxima e se aproxima e se aproxima.

É unha persoa que ten que emigrar para non volver e é outra persoa que fica soa na Terra ardendo. É a perda: o que perdemos, o que poderiamos perder, o que non perderemos nunca. O que temos que procurar non perder para non converternos en cousas nas que non queremos converternos.

É a contradición entre a evasión e o compromiso, entre a honestidade e o simulacro, entre o sorriso e o falso sorriso. É o pop e o dub e o rap de mentira e o soul de Filadelfia. Son todas as cousas, estas e tamén as outras. E o sangue, tamén é o sangue.

O disco vermello son as historias dunhas poucas persoas que son a historia de todas e por iso é vermello.

Guilherme e Bastardo debutan tamén na nosa Casa para nos presentaren o seu iniciático libro-CD, autoeditado grazas ao micromecenado, ‘Veredevere’.

‘Veredevere’ une poesia, música e discurso crítico para mostrar as possibilidades de encontro entre os seres humanos além dos desinformativos, a manipulaçom e o hiperconsumismo das sociedades atuais.

Raízes da tradiçom galega com influências da world-music, da eletrónica libertária, do rock xamânico, do post-punk e das vanguardas mais descontraídas de todos os cantos do mundo. Uma celebraçom do carpe diem e do poder de transformaçom que cada pessoa guarda no seu inconsciente, uma apelo direto ao inconformismo e a açom.



Lugar: Casa Tomada - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.