Axenda

Lembranzas de Tirán
sexta feira 17 outubro 2014
Vistas : 510

O venres 17 de outubro, a iso das 22:30h e de balde, concerto do grupo Lembranzas de Tirán no Var con Uve.

Cada vez resulta máis difícil atopar grupos musicais como Lembranzas. A formación, composta por músicos de Moaña e Cangas naceu no ano 2004 coa inquietude de revivir a tradición dos grupos de corda tamén coñecidos como rondallas e xa levan máis de dez anos en activo, tocando e cantando por toda a provincia. A actuación inclúe a interpretación de temas recuperados e tamén da súa propia creación, dende Rosalía de Castro aos 5 latinos.


Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.