Axenda

Hömi
terza feira 21 outubro 2014
Vistas : 464
  • Martes, 21 de outubro ás 22:00

Entrada de gratis

Cando se presta atención á observación e audición de moitas cousas á vez, incluso de aquelas que forman parte do ambiente – converténdose, pois, en algo inclusivo en vez de excluínte - , non pode xurdir (somos turistas) a cuestión da elaboración, no sentido de formar estruturas comprensibles, e aquí a palabra “experimental” é apta, sempre que se entenda non como a descripción dun acto que logo será xulgado en termos de éxito ou fracaso, senon simplemente como un acto do que o seu resultado é descoñecido.
Resulta evidente que a propia música é unha situación ideal, non real. A mente pode usarse para ignorar sonidos ambientais, outros tonos aparte dos oitenta e oito, duracións que non se contaron, timbres que son pouco musicais ou desagradables, e en xeral para controlar e comprender unha experiencia que está aí. O, polo contrario, pode abandonar o seu desexo de mellorar a creación e funcionar como un fiel receptor de experiencia.
Se unha parte da vida fose o suficientemente escura como para non permitir a entrada á luz da arte, por que non estar nesa escuridade? A tentas se fixera falta, pero vivo. E eu creo que Hömi estaría tamén aí na escuridade, tropezando con cousas, facéndoas caer e en xeral sumándose ao desorde que caracteriza á vida (que se opón á arte), antes que sumarse á orde e á estable verdade da beleza e do poder que caracterizan unha obra mestra (que se opón á vida).


Lugar: A Reixa Bar - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.