Axenda

Homenaxe ao Pinto d´Herbón
sábado 25 outubro 2014
Vistas : 459

O vindeiro sábado 25 de outubro a Casa-Museo de Rosalía acollerá un acto titulado “Coroa poética para o Pinto de Herbón”, no que distintas persoas da cultura ligadas ao movemento bravú lle renden homenaxe a este persoeiro ilustre de Padrón.

Todo comezará ás 11 da mañá en Herbón, cunha comitiva con gaiteiros que sairá andando desde a casa do Pinto cara a Casa-Museo. Unha vez alí, realizarase unha dramatización con música da vida de Pinto a través de Rosalía na que participarán, entre outros, Xurxo Souto, Manuel Rivas, Caruncho e Paola Beiro. Para rematar haberá unha regueifa entre Pinto pai e Pintiño fillo e unha apoteose musical.

Os actos terán lugar na horta da Casa-Museo se o tempo acompaña. Se non, terán lugar no auditorio das instalacións.

Pinto de Herbón é un rapeiro e regueifeiro que se fixo popular a nivel nacional grazas ao programa Sitio Distinto co tema “Nitramón, 15, 15, 15″ (incluído no CD recompilatorio Unión Bravú). Ademais, é autor doutros temas como “Paviméntame” ou “A motoserra”, editados en varios discos colectivos. O regueifeiro Pinto acostuma ir acompañado desde o ano 1997 con Luís Correa ‘O Caruncho’.

Lugar: Casa Museo Rosalía de Castro - Herbón (Padrón)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.