Axenda

14ª Noite Meiga
sábado 01 novembro 2014
Vistas : 511

O sábado 1 de novembro, día grande da festa, a xornada arrancará cun baile de feiticeiros, para nenos no Club Artístico e un photocall meigo a cargo de Garabato-Photo. Tamén para o público intantil é o desfile que comezará ás 19h. ata a Praza Maior, o mesmo punto ao que chegará o Gran Desfile da Noite Meiga, con saída ás 21:30h.dende San Francisco.

A festa continuará e a partires das 22h. sucederanse as actividades: pasaxe do terror no Castelo a cargo de Cometa Espectáculos, Marañao Teatro e voluntarios do Ribeiro; gala de lume con malabares, mazas, escupelumes, cremacións, cadeas…a cargo de SesaDis Espectaculos na Praza Maior; actuacións de “As Lajartas”; aquelarres das meigas cos Tabaleiros da Istoria; actuación do ilusionista Mago Marco, na Igrexa da Madalena; gran queimada co Bruxo Queiman, unha meiga e un diaño tragalumes… e como fin de festa o concerto a cargo do grupo Festicultores Troupe “os máís experimentados cultivadores de festas de Galicia”.

Lugar: Ribadavia
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.