Axenda

XX Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós
From sábado 01 novembro 2014
To domingo 02 novembro 2014
Vistas : 849

Os veciños de Riós son grandes amantes do castiñeiro e do seu froito, e contan cunha grande tradición micolóxica. Neste contexto, como ven sendo costume, o concello de Riós organiza a XX Edición da Feira da Castaña e do Cogumelo, co obxecto de ensalzar estes produtos tradicionais e promover o futuro económico do noso campo.

Neste 2014 a celebración terá unha duración de dous días, sábado e domingo, contando con actividades dirixidas a todos os plúbicos.

SÁBADO 01 DE NOVEMBRO

19:00 no salón de actos do Multiusos
Concerto Emilio Rúa. Presentación do seu novo disco: Destino Sur, coa colaboración de Xestreu.
Entrada gratuita.

20:00 na Praza do Toural
MAGOSTO POPULAR Organizado pola Asociación de veciños de Riós e Marcelín, menú a base de: castañas, empanada, panceta, chourizo e bica, castañas e bebida.
Prezo: 6€. Para o público en xeral, 3€. para os socios e nenos de ata 10 de anos de balde.
Entradas á venda en bares e tendas de Riós ata o día 30 de outubro.

DOMINGO 02 DE NOVEMBRO

9:30 na praza do Toural
Saída do Tour ciclista da Castaña.

10:30 no recinto feiral
Apertura dos stands da Feira.

10:30 na pranta baixa do Multiusos
Apertura das Exposicións de variedades da castaña.

11:00 no recinto feiral
Pasarúas a cargo de charanga musical.

12:00 no recinto feiral
Recepción de autoridades e visita oficial aos stands e exposicións.

12:30 no recinto feiral
Desfile do traxe do Entroido do Concello de Riós: O vellarrón, amenizado coa actuación da Banda de Gaitas do Concello de Riós.

13:00 no recinto feiral
DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS TÍPICOS: chourizo, castañas asadas, cogumelos e viño.
Prezo da degustación: 2,00€

14:00 na praza do Toural
Entrega de premios do Tour ciclista

14:00 nos restaurantes do Concello.
MENÚS ESPECIAIS con produtos de tempada da Feira da Castaña e do Cogumelo, nos restaurantes do concello

14:00 no recinto feiral
PULPEIRAS a prezos populares.

16:30 Concerto de acordeóns. Escola de Música Bieito Blanco.

17:30 Espectáculo visual: Galicia Terra Meiga rito ancestral da queimada. Espectáculo con lume a cargo da compañía: TROULA ANIMACIÓN E O BRUXO QUEIMA.

20:00 no recinto feiral

Lugar: Riós
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.