Axenda

Os Sons do Vento que Pasa
sábado 01 novembro 2014
Vistas : 531

O sábado día 01 de novembro ás 20 horas, a Casa da Cultura de Verín acolle 'Os Sons do Vento que Pasa', un concerto de fados en galego para público de todas as idades.

As cantigas deste espectáculo, a cargo de Gonçalo Guerreiro e Dani Pais, están acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación co que conservan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto a mozos/as como os non tan mozos/as. Deste xeito, o/a espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen deixar nunca de ser fado. Gonçalo Guerreiro é membro de 'El Elefante Elegante', unha compañía galego-portuguesa, creada en 2007, con sede na Coruña, que ten presentado os seus espectáculos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suíza, Francia e Italia.

O acto, con entrada gratuíta, promovido e financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, enmárcase nunha xira por auditorios, teatros e casas da cultura ao abeiro do programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística, na que está integrado o Concello de Verín. Esta iniciativa de fomento do galego inclúe este ano 150 sesión lúdicas a través dun total de cinco actividades que buscan promover o uso e a valoración positiva da lingua de Galicia, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.

Lugar: Casa da Cultura - Verín
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.