Axenda

Silvia Penide
sexta feira 21 novembro 2014
Vistas : 461
  • Venres, 21 de novembro dende as 23:00 ata as 1:30

Silvia Penide preséntanos a Reedición de "Animal de Compañía", o seu último traballo que está tendo unha moi boa acollida entre público e crítica.

Penide sube un novo chanzo dentro da súa dilatada carreira e faino, engadindo un cuarteto de corda aos arranxos orixinais, ademais dun DVD coa grabación en Madrid dun concerto en directo a trío con Serxio Moreira (pianista habitual de Álvaro Muras) e Fernando Lamas (batería habitual de Xoel López).

O disco conta coa colaboración de Felix Arias e está co-producido por Arturo Vaquero.

O seu directo a trío con Serxio Moreira e Rubén Barros non te deixará indiferente.


Lugar: Sala A Reserva - Carballo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.