Axenda

Barrio Rojo
quinta feira 27 novembro 2014
Vistas : 508
  • Xoves, 27 de novembro dende as 22:00 ata as 0:00

Barrio Rojo na Borriquita de Belém. Prezo:3€

Adrián Negro, Yago Fernández, Rodrigo Ramos, Iago Jorge, Ruben Mejuto.

Barrio Rojo é un grupo galego formado en 2011 polo vocalista Rodrigo Ramos e o guitarrista Iago Fernández, tras a disolución das súas anteriores bandas, nun principio idealizado como un formato acústico e intimista, co paso do tempo e en vista dos bos resultados obtidos, foi cambiando ata a formación actual, converténdose en quinteto no momento no que se uniron Adrián Negro (guitarra), Iago Jorge (batería) e Ruben Mejuto (baixo).
Cambiando así a un proxecto onde a base son as guitarras eléctricas e un potente directo,mezclado cunha característica voz e unhas letras diferentes, abertas á libre interpretación do oínte, con todo isto o grupo adquire un son que bebe do rock alternativo con certos toques noventeros, e mesmo algún aceno ao folk americano en temas como "Perro viejo".
Todo iso sen perder de todo a esencia acústica, alternando concertos en marcos máis dispostos para o Rock n´Roll, con eventos máis intimistas.
Máis dun centenar de concertos tanto en salas coma en reputados festivais, compartindo escenario con grupos de destacadas traxectorias avalan a proposta, percorrendo en multitude de ocasións as salas máis destacadas de Galicia e sendo o grupo residente na sala "A Fundación" de Melide.

O punto álxido do grupo chegou o 4 de abril coa publicación do seu primeiro LP, gravado en Xonix Records os intrumentos, e as voces nos estudos Lithium de Pontevedra, nun marco de tempo que vai dende Outubro de 2013 ata Xaneiro de 2014, e sendo mesturado e masterizado polo recoñecido produtor Tino Álvárez.
O nome elixido para o disco é "Barrio Rojo" e inclúe 8 cancións, as cales foron elixidas polo grupo entendendo que eran as máis representativas nesta primeira etapa, aínda que tendo un repertorio maior de case unha vintena de cancións, así é que a elixida como primeiro singre foi a canción en galego "Quedaches sen nada" coa cal o grupo gañou en popularidade, xa que ademais de ter unha grande acollida tanto a canción coma o seu correspondente videoclip, esta foi a canción gañadora do concurso da Radio Galega "Vas sacar nota? " o que provocou que este tema se alce como un dos máis representativos do grupo.

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.