Axenda

Nao + Porco Bravo
sexta feira 05 decembro 2014
Vistas : 403

** NAO + PORCO BRAVO
------------------------------------------------------------


** XIRA GALIZA
------------------------------------------------------------

VENRES 5 DECEMBRO
OURENSE
PUB AURIENSE
22.00 HS
PREZO: 8€
ADIANTADAS Á VENDA EN:
PUB AURIENSE E PUB AVANTI

SÁBADO 6 DECEMBRO
VIGO
FÁBRICA DE CHOCOLATE
21.30 HS
PREZO: 8€
ADIANTADAS Á VENDA EN:
TENDAS TIPO E DISCOS ELEPÉ

PREZO PORTA: 10€




** NAO
------------------------------------------------------------
Coa saída do disco “Cancións de amor e liberdade” NAO, despois de dez anos de andaina, colocáronse merecidamente como un dos grupos punteiros do Rock galego. Unha banda que demostrou estar moi por riba dos perxuizos lingüísticos e cantando en galego facturou un disco potente, moito mais melódico que os seus anteriores traballos, sólido, evolucionando de xeito coherente e supuxo todo un empurrón que souberon aproveitar.

Boas criticas, apoio do publico, actuacións fora da Galiza…e non parar de avanzar.
Así agora presentan, un ano despois o EP “Cartas no caderno” onde confirman todas esperanzas , cinco temas cargados de intensidade e forza, unha pequena xoia da musica galega, que demostra o bo momento da banda e a súa condición para alcanzar novos retos e seguir crecendo.

Estas 5 cartas que nos envía NAO reflecten o compromiso, a creatividade, o amor e a elegancia coas que Nao trata as súas cancións ,levando a súa proposta por novos derroteiros pero manténdoos fieis ós seus principios.
www.somosnao.com 


** PORCO BRAVO
------------------------------------------------------------
Porco Bravo son puro Rock en estado salvaxe. Demoledor e sen concesións, apoiado por un irresistíbel directo que é espectáculo puro, con dose de auto destrución, deses que salpica o público e o marca para sempre, provocando sen descanso, chegando a converterse en algo máis que unha banda de Rock, unha seita. Seita que cada día gaña máis adeptos e os fai sucumbir aos máis baixos instintos.

Formáronse no 2004 en Barakaldo, e aínda que sufriron varios cambios ata a súa definitiva formación, o resultado é o mesmo. Grandes letras, un desenvolvemento xenial dos temas, moito ritmo, moita forza... Animais soltos e con instrumentos nas súas mans.

En definitiva, a banda máis animal sobre un escenario do Estado, co espectáculo máis aplaudido polos espectadores, co frontman máis animal que pariu nai pero que, ademais, saben tocar música e realmente ben. Escoita o seu autobiográfico "Porco Show" e convenceraste.
www.porcobravo.com

Lugar: Café Cultural Auriense - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.