Axenda

Juyma Estévez Trío
sexta feira 05 decembro 2014
Vistas : 438
Yeahhhhhh, o venres 5 de decembro Juyma Estévez Trío estaremos presentando "océanos de porcelana" na Galería.
Alberto Vilas (piano)
Max Gómez (batería)
Juyma Estévez (contrabaixo)

Pásadebos pois a mergullarse con nosco dunha noite máxica no mellor dos ambientes. O obxectivo é claro, disfrutar perseguindo as cousas que non son.

Será un concerto íntimo pero con moita enerxía onde intentaremos embarcalo alma de cada un dos ointes dentro dunha viaxe emocional o longo dos distintos estados de ánimo que caracterizán a vida de calquera ser anónimo...

Coma tí, coma eu, coma miles de persoas, que viven en miles de pobos, cidades, rúas, pisos e casas que ves pola ventanilla do tren que te leva de Vigo a San Sebastian.

Pensando nas túas cousas, esas pequenas cousas que fanse as veces xigantes e que forman parte da nosa máis íntima cotidianidade. 

As nosas pequenas traxedias, ledicias, desencontros, casualidades, amores e soños valdrán a pena se lle deixamos, por un intre fugaz, cun sorriso de complicidade debuxado nas súas pequenas caixas torácicas.

Así que xa o saben, pásense as 23:00 pola Galería jazz traian a súa alma e non se preocupen pola equipase, porque neses momentos o único importante é o camiño que esten dispostos a percorrer connosco.


Lugar: La Galeriajazz - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.