Axenda

¡Pelea!
From sexta feira 02 xaneiro 2015
To sábado 03 xaneiro 2015
Vistas : 637

As formas das manchas de sangue, as infinitas cores dos moratóns, o ballet de persoas que se atopan facendo movementos que parecían imposibles o segundo anterior. A imaxinación utilizada para facer dano, os fetiches da dor. Na saída do colexio esperábanse o mesmo as parellas para bicarse que os inimigos para baterse. Unha pelea crea un vínculo inolvidable e suave entre os que reparten golpes. Bill Ayers, un terrorista da contracultura americana, dicía que durante a primeira paliza que lle deu a policía se sentiu no paraíso: “Nunca me sentira tan libre (…) Cando tomas a túa elección de vivir por unha causa superior, emociónaste tanto que os golpes non os sintes, aínda que poidan doer”.

Unha pelea pode ser un erro, pero o cobarde é o medo a equivocarse. Vivimos nunha época temerosa da acción e da paixón. ¡PELEA! É o momento de axitarse, de atopar sentido en cortarnos e lambernos as feridas. De poñer o corpo en perigo, esta vez por algo importante. 

2 e 3 de xaneiro en Ourense con Aries, Avecrem, Cuchillo de Fuego, Djalminha, Matar Gente, Monstruo, Pantis, Puma Pumku, Uzumaki e Histeria Teatro. Máis DJs e outras actividades.

No Café Cultural El Pueblo, Café & Pop Torgal, Café Bar Isaac, Café Jam Session e Librería Eixo.

Entradas en El Pueblo, Doppler, Torgal e Sindicato del Comic.

Tamén por PayPal: 
(IMPORTANTE: INCLÚE NOS DATOS O TEU NOME E DNI, GARDÁMOSCHE A ENTRADA ATA O DÍA DO CONCERTO)

https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=PDTX2XSQX8DVC

Lugar: Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.