Axenda

Treixadura
sábado 13 decembro 2014
Vistas : 390


ENTRADAS PARA VER A TREIXADURA EN RIBADUMIA

OBRIGATORIO RETIRALAS NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO. SON GRATUÍTAS PERO IMPRESCINDIBLES PARA ACCEDER AO AUDITORIO
O Concello de Ribadumia acábanos de participar que para acceder o vindeiro trece de decembro ás 20.30 horas ao
Auditorio de Ribadumia e necesario facelo con entrada que se pode retirar na Casa da Cultura do concello os vindeiros días 10 e 11 de decembro  dende as catro da tarde ate as oito. Unha vez se complete o aforo non
haberá mais entradas as cales son imprescindibles para acceder ao recinto.  Segundo nos participa o Concello a cada persoa daráselle un máximo de catro entradas.
Tamén está confirmado que con Treixadura actuará a coral Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
A derradeira vez  que actuou no Auditorio de Ribadumia o
cheo foi tal que quedou xente as portas xa que o recinto quedou moi pequeno. Ou sexa que xa sabedes hai que estar alerta  para recoller entradas. A expectación é máxima e incluso pódense acabar as entradas o primeiro
día.
Treixadura confirmounos que vaise poñer a venta o seu novo traballo Disco + DVD  titulado “Vendima Tarda” co callo do 25 aniversario do grupo.
Nada mais que darlle as grazas a Salome Peña e o Concello de Ribadumia por achegarnos a nosa veira a este excepcional grupo, a ver cando outros, aprenden,  lle levantan o “veto” e os contratan.
Lugar: Auditorio de Ribadumia - Ribadumia
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.