Axenda

Why Go
domingo 04 xaneiro 2015
Vistas : 376

WHY GO é unha banda con máis dunha década elaborando diferentes traballos con grandes e aclamadas críticas, tanto por público como por medios nacionais e internacionais (Ouèbe Musique de Canadá, Byte FM de Alemania, Mondosonoro, Radio Galega, NewNoiseRadio, etc). Os seus primeiros traballos foron editados por Trastienda Edicións Virtuales de Salamanca, ou pola netlabel Mastertoaster Recordings de Barcelona, entre as que suman máis de 11.000 descargas.

Os vigueses, membros do colectivo galego METAMOVIDA, apostan pola exaltacion de emocións escondidas e a experimentación musical durante as súas actuacións, creando paisaxes sonoras que fagan reflexionar ao oínte.

Neste 2014 presentan o seu segundo álbum, chamado *Kara*, onde se mesturan de forma especial diversas áreas artísticas. Baixo o formato de libro-disco, unen as súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, utilizando a gran potencia melódica que ofrece a lingua galega como medio de comunicación principal. Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal (BSO) onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro dun xénero que ben poderiamos cualificar de popular, ou rural.

Entrada: 5 €

http://vimeo.com/95484775

Máis información na páxina de Why Go en Facebook:http://facebook.com/ Whygovigo

O seu álbum Kara en Bandcamp: http:// whygomusic.bandcamp.com/ album/kara


Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.