Axenda

Foliada de Nadal Peis d´Hos
sexta feira 02 xaneiro 2015
Vistas : 409

É tempo de depedirse do ano 2014 para darlle a benvida ao 2015 e, para nós, non hai mellor xeito de facelo que con baile e música do país.

Dende a asociación cultural Peis d’hos estamos a organizar unha foliada de Nadal, que terá lugar o vindeiro 2 de xaneiro na Salason (rúa Lirio s/n, Cangas), e queremos convidarvos a que participedes connosco nesta actividade lúdica. A entrada será de balde.

O evento dividirase en dúas partes:
- foliada infantil pola tarde, de 17:00h a 19:30h aprox.
- foliada adultos pola noite, a partir das 23:00h.

Contaremos coa participación de varios grupos da nosa comarca e contorna, entre os que tamén nos gustaría contar coa vosa presencia. Animámosvos a que divulguedes o evento entre os vosos asociados/alumnos e vos acheguedes a pasalo ben con nós.

Aproveitamos a ocasión para desexarlles bo Nadal e un feliz ano 2015 cheo de alegría, música e baile.

Lugar: SalaSon - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.