Axenda

Xabier Díaz e Guillerme Fernández + Coro Infantil de Sillobre
terza feira 23 decembro 2014
Vistas : 517

O Concello organiza esta cita, que terá lugar o martes, ás 20 horas na Igrexa Parroquial de San Salvador, e que abrirá o Coro Infantil de Sillobre

A entrada sustituiuse pola entrega de productos para o Banco de Alimentos

Fene celebrará este martes, 23 de decembro, o seu Concerto de Nadal. E, para tal ocasión, a Concellería de Cultura do Concello de Fene preparou un programa moi especial. Así, o Coro Infantil de Sillobre abrirá a cita musical e, a continuación, o público asistente poderá disfrutar da actuación do dúo integrado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Nesta liña, a concelleira de área, Rocío


Bértoa, animou a veciños e veciñas a participar desta proposta do Concello de Fene este martes, a partires das oito do serán na Igrexa Parroquial de San Salvador. Así mesmo, e na liña marcada, sustituiráse a entrada pola entrega dalgún producto alimenticio non perecedoiro que irá destinado ao Banco de Alimentos de Ferrolterra.


A voz de Xabier Díaz soará con forza en Fene acompañada da guitarra de Guillerme Fernández. Traerán ao municipio a súa música tradicional e arrolos de salitre, que aderezarán coas panxoliñas de Nadal, dada a época que vivimos.

Lugar: Igrexa Parroquial de San Salvador - Fene
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.