Axenda

Magín Blanco. Cantigas da Estrela
sábado 03 xaneiro 2015
Vistas : 357

Cantigas da estrela
Magín Blanco animará a xente miúda da casa a seguir o ronsel das estrelas para gozar do Nadal coas músicas máis coñecidas de Gatuxo e da A nena e o grilo, nun concerto moi especial que integra vilancicos inéditos do músico e compositor. Acompañarano María Faltri e Jorge Juncal nunha xira que fará parada en 19 localidades da Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña en concellos da súa competencial territorial. Imprescindible para celebrar este Nadal cantando en galego.

Decembro 2014

  • Venres 12: Cee, no Salón de Actos do Concello, ás 18:00 horas
  • Domingo 14: Palas de Rei, no Salón de Plenos do Concello, ás 17:30 horas
  • Martes 16: Cangas, no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas
  • Venres 19: Muxía, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples, ás 18:30 horas
  • Sábado 20: Redondela, no Auditorio José Figueroa do Centro Sociocomunitario, ás 12:00 horas
  • Martes 23: Ferrol, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, ás 18:30 horas
  • Mércores 24: O Carballiño, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Venres 26: Betanzos, no Cine Alfonseti, ás 17:30 horas
  • Sábado 27: Arteixo, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Domingo 28: Santiago de Compostela, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ás 12:30 horas
  • Luns 29: Val do Dubra, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas
  • Luns 29: Ponteceso, no Museo de Arte Contemporánea de Corme, ás 18:00 horas
  • Martes 30: Pontedeume, na Casa da Cultura, ás 12:30 horas
  • Martes 30: Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 18:00 horas

Xaneiro 2015

  • Venres 2: Carnota, no Salón de Actos do Concello, ás 12:00 horas
  • Venres 2: Teo, no Centro Sociocultural da Ramallosa, ás 16:00 horas
  • Sábado 3: O Porriño, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, ás 12:00 horas
  • Domingo 4: Ourense, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Domingo 4: A Pobra do Caramiñal (en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Zona Norte), na Praza do Emigrante (baixo carpa), ás 18:30 horas
Lugar: Círculo Recreativo e Cultural do Porriño - O Porriño
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.