Axenda

Xoán Curiel. Estamos no Verán
sábado 27 decembro 2014
Vistas : 359

Este mes de decembro Xoán Curiel vai recorrer a xeografía galega para presentar o seu libro-disco ‘Estamos no verán’, ¿Queres saber cando e onde? Anota as datas:

- Domingo 21 de decembro ás 19.00 horas, Xoán Curiel e a súa banda ‘Son +d2’ actuarán na Casa da Cultura de Serra de Outes, na Coruña.

- Luns 22 de decembro pola tarde en Área Central, Santiago.

- Sábado 27 de decembro ás 19.30 horas, Xoán Curiel e a súa banda ‘Son +d2’ ao completo actuarán na Mostra de Teatro Infantil (MOTI) no Auditorio de Ourense

- Domingo 28 de decembro ás 12.30 horas, presentará ‘Estamos no Verán’ (dúo) no local ‘A Arca de Noe’ en Vilar de Santos, Ourense.


- Domingo 28 de decembro ás 12.30 horas, presentará ‘Estamos no Verán’ (dúo) en Milladoiro, no parque infantil Planeta Magic.

Porque todos o pasamos xenial no verán, de seguro que o pasarás xenial na presentación de este libro-disco, onde Xoán Curiel e os seus amigos son quen de transmitir moitísima enerxía, e sobre todo bo humor.

Lugar: Auditorio Municipal - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.