Axenda

O Trío do Acivro
terza feira 30 decembro 2014
Vistas : 405

Concerto didáctico de frauta traveseira, a cargo de Luís Soto e os seus fillos, Lucas e Cecilia.

Os pequenos poderán disfrutar dun conto falado e tocado, cunha parte didáctico-práctica na que o público infantil que se achegue á Biblioteca cun instrumento musical poderá participar activamente.

O artista interpretará fragmentos de obras de Bach, Mozart, Prokofiev e Satie. Como peche, tocará dúas pezas para frauta e violino cos seus fillos, Lucas e Cecilia, cos que forma o Trío do Acivro.

Luis Soto é profesor na Real Filharmonía de Galicia e ocupa o posto de Frauta-Frautín nesa mesma orquestra, onde tocou baixo as batutas de decenas de directores de gran prestixio, asi como con solistas de renome internacional. Os seus mestres máis salientables foron Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París, e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. A súa traxectoria artística abarca desde entón centos de concertos en todo o mundo, gravacións para a radio, televisión e discos –como a integral de Joaquín Rodrigo xunto co guitarrista Carles Trepat para o selo EMI Classics-, así como a impartición de cursos de formación e perfeccionamento a xóvenes de todas as idades. Entre os premios acadados por este artista destaca o Primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o Segundo premio no Lucien Wumser, ámbolos dous en París. Luis Soto é tamén un dos membros fundadores do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) e desenvolve, xunto a Diego García (piano), o proxecto GALICIA XXI no que interpretan o repertorio galego para estes dous instrumentos.

Para todos os públicos. 

Lugar: Salón de Actos, ás 18:30 h. 
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Lugar: Biblioteca Pública Ánxel Casal - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.