Axenda

Paco Nogueiras
sábado 10 xaneiro 2015
Vistas : 351

O músico Paco Nogueiras e o ilustrador David Pintor asinarán exemplares do libro-cd-dvd “Brinca Vai!” o vindeiro sábado 10 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, na libraría Santos Ochoa de Marineda City (Baños de Arteixo nº 43, A Coruña).

“Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, xa vai pola súa segunda edición. Este primeiro traballo discográfico propio de Paco Nogueiras -ilustrado por David Pintor e con vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo- reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.

Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todas as cancións de “Brinca Vai!”, nas que aborda materias incluídas no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Nadal, o Magosto, o Samaín ou o Entroido. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos que abrangue, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.

Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión. 

Ademais, invita á participación do público a través da webwww.brincavai.com, onde se recollen opinións dos lectores, vídeos elaborados nos centros de ensino a partir das cancións orixinais do libro-disco, ou fotos do público coa careta de chapeu e lentes deseñada en base ao personaxe de Paco Nogueiras.

Lugar: Librería Santos Ochoa, Marineda City - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.