Axenda

Nelson Quinteiro
domingo 25 xaneiro 2015
Vistas : 362

O vindeiro domingo 25 de xaneiro, as 21 horas, Nelson Quinteiro fará a presentación do disco "Orquesta Gharbo!" na sala Aturuxo de Bueu presentando unha nova formación en SEXTETO na que ademais de Álex Lorenzo (guitarra, pedais, coros) e Ólivier Cano (traveseira, saxo), o músico cangués farase acompañar do Trío Caspervek formado por Brais González Pérez (Piano) Eduards Vecbaštiks (Violín) Blas Castañer Ibáñez (Percusión).

O resultado desta xuntanza, da que xa puidemos ter un adianto no Auditorio Municipal de Ourense o día 18 de decembro do pasado ano é un son envolvente e delicado que empaca os temas de Nelson Quinteiro dun xeito novo e moi interesante.

IMPERDIBLE!

Entrada: 5 € anticipada / 6 € billeteira
Entrada + disco "Orquesta Gharbo!": 10 €

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.