Axenda

Magín Blanco. Gatuxo
sexta feira 16 xaneiro 2015
Vistas : 346

Este venres, 16 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, estará na Libraría Sisargas Magín Blanco, quen fará un concerto de presentación do seu novo libro-disco, Gatuxo, publicado por Fol Música. Estará acompañado por María Faltri e Jorge Juncal. A entrada é libre até completar o aforo.

A nova obra de Magín Blanco é un libro de ilustracións e de cancións extraordinarias, pausadas, alegres e tranquilas con instrumentacións coidadas e sutís, xogos de voces e ecos beatlelianos que transmiten emocións asociadas ao espertar á vida, alegría, risas, movemento, descubrimento, soño e que utiliza onomatopeas propias deste espertar. Ilustracións e cancións que axudan a crear o vínculo afectivo dos máis pequenos cos seus pais e contribúen ao desenvolvemento do córtex cerebral polo seu efecto positivo sobre a memoria e a atención. A escoita activa destas fermosas accións e a observación das ilustracións xunto ao pequeno, contribuirá a que alcance unha maior precisión para percibir e abstraer estímulos visuais e auditivos, desenvolvendo o seu sentido da orde e facilitando a creatividade. Tamén supoñen unha espléndida preparación pre verbal, co que os nenos poden comezar a falar antes e acelerar a aprendizaxe de idiomas. A súa aptitude musical e a súa coordinación motora desenvólvese e aprenderán a gozar coa música. Estas cancións tamén son moi útiles como terapia de distintas doenzas (ansiedade, estrés, alteracións do sono, autismo, etc.) A autora das ilustracións, Erica Maradona, é unha nova artista brasileira que soubo resumir de forma natural en cada escena ilustrada as emocións que GATUXO quere transmitir e que forman parte do espertar e a aprendizaxe dos que empezan a vivir.

Lugar: Libraría Sisargas - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.