Axenda

Estalotada na Honra a Morgan e Juan Bello Mallou
sábado 17 xaneiro 2015
Vistas : 403

Nas estalotadas sempre temos no sentir un oco para Morgan e para Mallou, que Estalotes tentamos reflectir nas pezas, no sentir das mesmas e mantendo o esquema do que eles consideraban a difusión do noso. A pesares de que este é un pensamento e un sentir compartido que tentamos espallar estalotada tras estalotada, queremos rendirlles unha homenaxe nas datas próximas do aniversario da partida de cada un deles. Así pois, o vindeiro sábado dezasete, realizarémoslles unha homenaxe, unha festa na súa honra, polos bares de San Pedro nos cales realizamos estalotadas de xeito asiduo. O esquema previsto é o seguinte:

20:00 - Triacastela (de Concheiros).
21:00 - Rúa Restaurante.
22:00 - Sande.
23:00 - Barranquillo.
00:00 (en diante) - Concheiros 31.

Agardamos vernos, escuitarnos e compartir unha festa tan especial e tan importante para nós, coma esta. E que perduren por sempre entre nós... Morgan e o Señor Mallou!

Lugar: Bares de San Pedro - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.