Axenda

Aldaolado
quinta feira 12 marzo 2015
Vistas : 305

||| MARZO |||


XOVES 12 :: ALDAOLADO :: 22h :: 5€

After é un espectáculo no que hai poesía, música en directo e simpáticas historias. Está pensado para aquelas persoas que xuran que na vida asistirán a un recital de poesía. Pero Aldao e Lado xa avisan de que este non é un recital convencional. É a poesía como nunca a viches e a diversión como nunca
imaxinaches. Ás poetas gústalles definilo como un cabaret lírico.
Lucía Aldao e María Lado levan máis de dez anos escribindo e lendo poesía en público e elas mesmas non soportan a idea dun poeta aburrindo o público cos seus textos. Por iso inventaron hai xa 6 anos un formato de lectura dos seus poemas no que cantan as súas cancións favoritas -dende Janis Joplin ata Lou Red, pasando por outros clásicos do rock pock e do pock rock-, contan historias desternillantes que teñen que ver cos poemas ou coa súa azarosa vida de escritoras e propoñen ao público que se convirta en autores dadaístas a través de divertidos xogos. Todo o que faga falta para que o respectable asista a unha velada chea de poesía, emoción e sobre todo, risas.



Lugar: Ultramarinos - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.