Axenda

Orfeón Mutiantarra
sábado 24 xaneiro 2015
Vistas : 287

Ola amigos, este sábado 24 de xaneiro non podedes faltar á festa para rematar con todas as festas, o ORFEÓN MUTANTIARRA, a apocalíptica xuntanza de músicos facendo versións de temazos variados en apoio da nosa asociación cultural, o Liceo Mutante.

Dende un pouco máis cedo do habitual (hora definitiva de comezo por confirmar, pero abrimos portas ás 19.00 con seguridade) a tarde noite do sábado reuniranse músicos amigos do Liceo Mutante, que ofrecerán a súa arte sen pedir nada a cambio, para facer deste día un evento especial en apoio ó Liceo, que coma moitos saberedes está pasando por dificultades que ameazan a súa continuidade.

Teremos con nosco xente de (atención): TELEPHONES ROUGES, FANTASMAGE, THE GRAVE DOLLS, UNICORNIBOT, DJALMINHA, ARIES, CUCHILLO DE FUEGO, MONSTRUO, LOBISHOME, KILLER BARBIES, TRAVESTI AFGANO, JAY, TRACTOR TROY, SELVÁTICA, BALA, SHOWBIÑAS EXPERIENCE, LOS LOCOS HONGOS, SALVATION ARMY, CRÓ, PUMA PUMKU, GOLD & COLT, LOS COLLARES DE PERLAS, PANTIS, MARRONES BURÓCRATAS, IRIBARNES, DÍA DE FURIA, LLUVIA DE CIERVOS, THE FINGERS, CHICHARRÓN, CORA SAYERS, MLK, TERREMOTO SÍ, UZUMAKI, QUERIDO EXTRAÑO, THEE BOAS, BUOGH, DISCO LAS PALMERAS, THE VOG, e seguro que nos deixamos algún e por favor que o perdoe porque estamos noqueados ante tanta cantidade e calidade!

Esta xente marabillosa interpretarán, facendo bandas efímeras para a ocasión, temas de: The Stooges, Los Iribarnes, Toy Love, Nirvana, Jay Reatard, Black Sabbath, The Strokes, Día de Furia, At the Drive-In, Dinosaur Jr., Rage Against The Machine, Sonic Youth, No More Lies, Karate, Sonny Boy Williamson, Amps, Mina, Bikini Kill, Neu!, Indómitos, Talking Heads, The Get Up Kids, Yo la Tengo, Big Star, Raconteurs, Black Crows, Muddy Waters, AC/DC, Pissed Jeans, Minor Threat e algún máis ou menos dependendo de como vaiamos de tempo! Variedade a tope coma vedes.

Todo este festón a cambio de un donativo simbólico para o Liceo Mutante en porta de 3€ (gratis para socios mutantes, pero calquera donación será benvida) e para completar o plan coma sempre haberá papadela e bebidas a prezos populares.

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.