Axenda

Sokram + Alto Asalto
sexta feira 06 marzo 2015
Vistas : 447

SOKRAM presentando o seu novo Lp "Chuvia Ácida".
+ ALTO ASALTO (Grupo convidado)
Lugar: Sala El Pueblo Café Cultural (Ourense)
Hora: 22:00 h.
Entrada: 5 €

Info: SOKRAM / Chuvia Ácida Tour

SOKRAM é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop. Neste 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, nunha coidada edición especial de tirada limitada ( Vinilo 12"+Cd+Fancine 16 pax+ Donwload LP).
15 cortes cargados de Electrónica, Rock&Roll, Funk, Soul, Jazz, Hardcore.. Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, irónico e moi divertido. Gravado e producido en Rapapoulo Estudios por MOU: beatmaker e productor de DKTC, que ademáis o acompaña nos seus directos aos coros e nos mandos da variopinta maquinaria coa que compoñen o set xunto cun terceiro implicado: SANTINO, versátil guitarrista de numerosos proxectos sonoros como Cona Yeyé, Lady Chatarra, Chicharo Psicótico, DKTC… 

Estas tres feras fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras brilantes e a versatilidade vocal de Sokram bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos mutantes e camaleónicos sons das guitarras de Santino. 
Un live diferente e dinámico no que o Hip Hop viaxa por paraxes nas que Rap e Electrónica se enrollan e contorsionan con Rock&Roll, copulan con Funk e Blues e se colocan ata o éxtase co Jazz, Hardcore e a Psicodelia..

Musica:
http://sokram.bandcamp.com/
Info:
http://www.sokram.org/
https://www.facebook.com/sokramdktc
Tenda:
http://sokram.tictail.com/product/lp-chuvia-ácida-pack-especial-edición-limitada

Info ALTO ASALTO:
Alto Asalto son rap hardcore en estado puro. Letras subversivas, actitude contestataria e ritmos potentes. Formado polos Mc´s RIA e MOUDAFACKA e o DJ MESTRE PI, preséntanse como unha grupo a ter moi en conta no paranorama do hip hop galego. En Marzo do 2010 publicaron unha bomba de reloxería chamada CULTURA HUMANA, o seu primeiro traballo discográfico, gravado e producido en Rapapoulo Estudios tamén por MOU (Dios ke te Crew) á cabeza. Agora mesmo, e despois de gañar diversos premios musicais.están a piques de publicar o seu segundo traballo de longa duración que verá a lus neste 2015. Eles abrirán a noite do venres para quentar o ambiente a base de hardcore rap. 

Música: 
https://altoasalto.bandcamp.com/


Lugar: El Pueblo Café Cultural - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.