Axenda

Sokram
sexta feira 22 maio 2015
Vistas : 156

Segue a xira de presentación de "Chuvia Ácida", o primeiro LP en solitario de SOKRAM, vocalista de Dios Ke Te Crew e unha das mentes máis prolificas do famoso colectivo.

Mc, artista gráfico, ilustrador, francotirador da palabra con lingua viperina. Chega a Lugo logo de presentar o disco por toda a xeografía galega ao longo da última tempada.

En formación de trío, con MOU (beatmaker de DKTC) na parte electrónica, SANTINO(guitarra) e Sokram nas voces, fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras brilantes e a versatilidade e potencia vocal de Sokram bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras de Santino.

Un live diferente e dinámico no que o Hip Hop viaxa por paraxes variopintos onde rap e electrónica se contorsionan con rock&roll, funk e blues e chegan ao éxtase con hardcore e a psicodelia.

Escoita e descarga:
http://sokram.bandcamp.com/

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.