Axenda

Narf
sábado 11 abril 2015
Vistas : 354
NARF

Sabado, 11 Abril as 22:30 h

Prezo da entrada POR DETERMINAR

Moaña. Sala Var con Uve.


Recoñecido nos Premios Galegos da Música “Martín Códax” 2013 como mellor intérprete na categoría de de Rock e Blues, Fran Pérez NARF continúa coas súas presentacións en solitario, aparte dos concertos co seu novo grupo, o NARF TRIO.

O variado repertorio do seu espectáculo a só recolle as mellores cancións dos seus últimos traballos discográficos, así como temas inéditos nacidos da intensa relación deste músico viaxeiro con artistas de países do ámbito da Lusofonía, especialmente Mozam-bique e Guiné Bissau.

Lugar especial neste concerto terán algúns dos temas de “Nas Tardes Escuras” ( 2013) , o novo disco de NARF sobre poemas de Rosalía de Castro. Editado en formato “libro-disco” por El Patito Editorial,  conta coas ilustracións de Fausto Isorna, e a produción musical de  Antonio Vázquez.

Neste novo traballo Narf explora os poemas de “Follas Novas” e de “Cantares Gallegos” dende a linguaxe eléctrica do rock, cunha visión enérxica e contemporánea, totalmente diferente doutros tratamentos musicais e versións que xa se teñen feito anteriormente por diversos intérpretes.

Unha oportunidade única para vivir as aventuras que propicia a nosa lingua nunha viaxe musical que parte da beiramar bravía do Atlántico e da voz da  Rosalía máis contundente ata chegar ás cálidas praias  do océano índico,  cantando as palabras de  poetas como José Craveirinha

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.