Sabado, 11 Abril as 22:30 h
Prezo da entrada POR DETERMINAR
Moaña. Sala Var con Uve.
Recoñecido nos Premios Galegos da Música “Martín Códax” 2013 como mellor intérprete na categoría de de Rock e Blues, Fran Pérez NARF continúa coas súas presentacións en solitario, aparte dos concertos co seu novo grupo, o NARF TRIO.
O variado repertorio do seu espectáculo a só recolle as mellores cancións dos seus últimos traballos discográficos, así como temas inéditos nacidos da intensa relación deste músico viaxeiro con artistas de países do ámbito da Lusofonía, especialmente Mozam-bique e Guiné Bissau.
Lugar especial neste concerto terán algúns dos temas de “Nas Tardes Escuras” ( 2013) , o novo disco de NARF sobre poemas de Rosalía de Castro. Editado en formato “libro-disco” por El Patito Editorial, conta coas ilustracións de Fausto Isorna, e a produción musical de Antonio Vázquez.
Neste novo traballo Narf explora os poemas de “Follas Novas” e de “Cantares Gallegos” dende a linguaxe eléctrica do rock, cunha visión enérxica e contemporánea, totalmente diferente doutros tratamentos musicais e versións que xa se teñen feito anteriormente por diversos intérpretes.
Unha oportunidade única para vivir as aventuras que propicia a nosa lingua nunha viaxe musical que parte da beiramar bravía do Atlántico e da voz da Rosalía máis contundente ata chegar ás cálidas praias do océano índico, cantando as palabras de poetas como José Craveirinha