Axenda

Magín Blanco. Gatuxo
sábado 31 xaneiro 2015
Vistas : 328

Gatuxo na Casa del Libro de Vigo (este Sábado, 31 de xaneiro, ás 18:30 hr

Presentación do libro Gatuxo de Magín Blanco. No acto interverán, ademáis do autor os músicos Jorge e María

Volve MAGÍN BLANCO, unha sorte de heroe musical que conquistou os oídos e os corazóns de miles de nenos co seu anterior libro/disco de aventuras "A Nena e o Grilo nun Barquiño" e as súas cancións de corte pop, extremadamente pegadizas.

A súa nova obra é GATUXO, un libro de ilustracións e de cancións extraordinarias, pausadas, alegres e tranquilas con instrumentacións coidadas e sutís, xogos de voces e ecos beatlelianos que transmiten emocións asociadas ao espertar á vida, alegría, risas, movemento, descubrimento, soño e que utiliza onomatopeas propias deste espertar.

Ilustracións e cancións que axudan a crear o vínculo afectivo dos máis pequenos cos seus pais e contribúen ao desenvolvemento do córtex cerebral polo seu efecto positivo sobre a memoria e a atención.

A escoita activa destas fermosas accións e a observación das ilustracións xunto ao pequeno, contribuirá a que alcance unha maior precisión para percibir e abstraer estímulos visuais e auditivos, desenvolvendo o seu sentido da orde e facilitando a creatividade. Tamén supoñen unha espléndida preparación pre verbal, co que os nenos poden comezar a falar antes e acelerar a aprendizaxe de idiomas. A súa aptitude musical e a súa coordinación motora desenvólvese e aprenderán a gozar coa música. Estas cancións tamén son moi útiles como terapia de distintas doenzas (ansiedade, estrés, alteracións do sono, autismo, etc.)

A autora das ilustracións, ERICA MARADONA, é unha nova artista brasileira que soubo resumir de forma natural en cada escena ilustrada as emocións que GATUXO quere transmitir e que forman parte do espertar e a aprendizaxe dos que empezan a vivir.

Lugar: Casa del Libro - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.