Axenda

Deliciosa Masa + Vozzyow + Rama
sexta feira 06 febreiro 2015
Vistas : 326

O aumento de tamaño da glándula tiroides e a inxestión masiva dunha deliciosa masa provocan unha aparencia similar: un pescozo hipertrofiado. Como se sinte iso por dentro, na gorxa? É difícil de saber, e en todo caso non se soe falar de música que se sinta na gorxa. Máis ben nas cadeiras ou no peito. Cando o pescozo é moi grande, é máis difícil distinguir se estamos diante dun home ou dunha muller, xa que a única diferencia entre eles cando están vestidos é a noz.

Tentamos aparentar normalmente cousas que non somos, pero os trastornos da tiroides implican un crecemento súbito ou non crecer nada. Nenos en corpos de adultos, listos fisicamente para todo aquelo que non comprenden. Os trastornos e as enfermidades impídennos moitas veces mentir, especialmente cando nos matan. Comer dache a vida e acaba matándote: os humanos estamos entre a espada e a parede.

Este concerto trata sobre iso, é música cun groove enfermizo, como o pfunk, música de xóvenes morrendo por dentro, a música desta xeración. Polo tanto será GRATUITO PARA MENORES DE 23 ANOS, para que haxa relevo. Para os máis vellos, 4 euros por todas as respostas, ás 22 horas do venres 6 de febreiro. 

Poñentes:

VOZZYOW

http://vozyow.wix.com/vozzyow#!tour/cxd8
https://www.youtube.com/watch?v=hv93vXjryfk


DELICIOSA MASA

https://deliciosamasa.bandcamp.com/releases
https://www.youtube.com/watch?v=iGg1a_3xhtQ

RAMA

https://ramadafaka.bandcamp.com/releases

Lugar: Café Cultural El Pueblo - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.