Axenda

Lucía Martínez Trío
quinta feira 05 febreiro 2015
Vistas : 295

Esta semana visítanos Lucía Martínez, unha das nosas percusionistas máis internacionais (reside actualmente en Berlín), que se atopa este mes na nosa cidadw e que vén de presentar en Oporto o seu último disco De Viento y de Sal.
Este xoves, ás 21:30, no Contrabajo, reencontrárase cos seus amigos e grandes músicos Oscar Rodriguez ao contrabaixo e Xosé Luis Miguelez ao Saxo, cos que compartiiu escenarios en numerosísimas ocasións. Un feliz reencontro para unha gran noite, na que tocarán música orixinal e algún clásico do jazz.

E despois como sempre Jam que recibirá a marabillosos músicos desta cidade que se acheguen a compartir!

Entrada Libre
2Eur de colaboración coa 1ª consumición

Lugar: El Contrabajo - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.