Axenda

Os Amigos dos Músicos
sábado 21 febreiro 2015
Vistas : 289
  • Sábado, 21 de febreiro ás 13:30

Os Amigos dos Músicos é unha banda xenuinamente especial que non ten medo a expresar a súa personalidade. Este grupo que compón e canta cancións en galego foise facendo lentamente, sen máis presa que a de atopar o seu propio camiño.

Todos cantan, todos compoñen e todos tocan. Hai música americana e tradición galega, pero o resultado final non soa a nada que non sexa Os Amigos dos Músicos e a súa capacidade de sintetizar modernidade e tradición coma se nada.

Os Amigos dos Músicos son seis amigos de berros e loitas, de loito, troula e desemprego musical. Son galegos do sur que non paran de enredar. 

O 21 de febreiro será un día importante para eles, xa que compartirán escenario na sala Capitol cun tal José González. Pero como queren que ese sábado de festa comence antes, estarán a alegrar o mediodía de Compostela poñéndolle música aos viños de Regina Viarum e Altos de Torona.


Lugar: Kunsthalle Compostela - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.