Axenda

Satxa na Leira + Mala Reputación
sábado 14 marzo 2015
Vistas : 297
  • Sábado, 14 de marzo ás 22:00
## Mala Reputación

Na súa anterior entrega deixaron claro que sobordan carácter. Catro anos despois a súa personalidade supera a madurez dando forma ao traballo máis ambicioso e coidado da súa traxectoria. Mala Reputación volven con Eternas Promesas, dez cancións sentidas, emocionantes, reflexivas. Rock a lume lento.

Pasaron máis de quince anos desde que uns adolescentes de Cangues d’Onís (Asturies) empezasen a facer rock. Tres discos en tres anos e intensas xiras convertéronos nun nome cargado de futuro. Alcanzaron a madurez cambiando o ritmo vertixinoso por un camiño máis pausado e firme; donos de si mesmos, profundando no seu estilo coa sabedoría de quen fai as cousas sen présas.

Eternas Promesas é a súa nova referencia. Rock Estatal Records editará o 17 de febreiro dez temas que chaman a sobrevivir, a loitar contra os medos, a atoparse a un mesmo. Fronte ao naufraxio ao que nos levan estes tempos incertos, Mala Reputación reafírmanse nas razóns que os trouxeron aquí. Un tesouro sonoro contra a resignación.

Compoñentes:

- David Rodríguez: voz e guitarra
- Juan Santamaría: voz e guitarra
- Michi Candás: baixo e coros
- Kiko Martínez: batería e coros

Máis información: http://malareputacion.com/

---

Entradas anticipadas á venda n'A Fonte do Galo (Cangas), Ticketea (https://www.ticketea.es/ mala-reputacion-bueu/) e no propio Aturuxo.


Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.