Axenda

Mornings
sábado 14 febreiro 2015
Vistas : 287

MORNINGS
Entrada 5€
Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos MORNINGS, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar…
A aparición dos primeiros aparellos de T.V. nos pobos, as VESPAS, a perrita Marilyn de Herta Frankel, o primeiro festival de Eurovisión, a apertura ó turismo na costa e outras “vicisitudes”… enchían de influenzas inglesas, francesas e italianas, a cultura do momento.
Trátase dun espectáculo de teatro musical onde os protagonistas, os MORNINGS navegan nun contexto atemporal pero, inspirado na estética e na música dos anos 60 rescatando temas e versioneando a Rita Pavone, The Turtles, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.
A idea de situalos nesta época nace co afán de recupera-la inocencia perdida, a ilusión daqueles anos que espertaban dun momento histórico tráxico e que significaba unha apertura de ideas e de liberación na moral que foi transmitida na arte, na moda e na música.
A idea orixinal do espectáculo é de Blanca Cendán e Suso Alonso.
O asesoramento artístico de escena ven da man de Roberto Leal e John Eastham.
O traballo vogal é de Ramón Bermejo e a parte de Arte (Deseño gráfico, Escenografía, e Vestiario) de Virxinia Barros, xunto coa xastra Cloti Vaello. A maquillaxe é unha creación de Fany Bello e o video “Mornings” de Gael Herrera Batallán.
¡Tómate algo cos MORNINGS no seu peculiar GUATEQUE GLOBAL!

Lugar: Café de Catro a Catro - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.