Axenda

Cuarteto Caramuxo e Mónica de Nut
cuarta feira 25 febreiro 2015
Vistas : 310

Está mañán foi presentado aos medios o espectáculo "Vigo é Música" que a proposta da Fundación Vigueses Distinguidos vimos de crear o Cuarteto Caramuxo xunto á marabillosa Mónica de Nut que porá voz a unha chea de cancións que falan ou lembran esta cidade.

A estrea será o vindeiro mércores 25 de febreiro ás 20h no Auditorio do Concello de Vigo con entrada de balde ata completar o aforo.

Para espectáculo tamén contamos coa colaboración de Carlos Suarez que se encargou da preparación das paisaxes sonoras da cidade, Afonso Castro que tratará de iluminarmos para que brillemos coma as estrelas e Jose A. Vilas que sen encargará de que o son chegue o mais nítido posible ós vosos ouvidos.

Agardamos por todos vós e non o deixedes para outro día xa que en principio non hai intención de repetir.

Lugar: Auditorio do Concello de Vigo - Vigo